Autor: Martiño Suárez

OS COMERCIANTES DO ENSANCHE SAEN Á RÚA O SÁBADO CON DESCONTOS ESPECIAIS NA FESTA DO COMERCIO DE PRIMAVERA

Os comercios do Ensanche compostelán saen á rúa o próximo  sábado 7 con motivo da Festa do Comercio de Primavera, na que ofrecerán de 11 a 21 horas descontos, promocións e actividades especiais como sesións vermú, exposicións e merendas. Ao tempo, continúan en funcionamento os Mercados Compostela Art&Eco de artesanía (na Carreira do Conde) e alimentos ecolóxicos certificados (na Praza Roxa). As actividades son unha iniciativa da Fundación Santiago Centro para dinamizar a zona coincidindo coas Festas da Ascensión. No que toca aos Mercados Compostela Art&Eco, 25 produtores de proximidade, tendas e envasadoras galegas danse cita na Praza Roxa nunha mostra de alimentación ecolóxica composta exclusivamente por produtos certificados. Durante os catro días ofrécese produto fresco de horta, queixos, viños, licores e cervexas, café, doces, conservas vexetais… Hoxe venres levouse a cabo na carpa desta Feira Ecolóxica Labrega unha degustación de pratos elaborados con alimentos ecolóxicos certificados, ofrecida polo Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia. Á cita asistiron o seu director, Javier García; e Xosé Manuel Durán Orús, da Asociación de Produtores Ecolóxicos de Galicia, APEGA. Unha exposición de artesanía galega de autor lévase a cabo na Carreira do Conde. Os 30 expositores, seleccionados pola calidade das súas creacións e pola diversidade dos seus produtos, ofrecen complementos, bixutería e xoiaría, artesanía en coiro, escultura e cerámica… Obradoiros, música e unha ludoteca xigante completan a...

Read More

A CAMPAÑA ‘O TEU COMERCIO ESTÁ CONTIGO’ ENTREGARÁ REGALOS SEGUROS AOS CLIENTES DO ENSANCHE

Os clientes das tendas do Ensanche compostelán terán regalo seguro durante as datas de celebración da campaña O teu comercio está contigo, que pon en marcha pola Fundación Santiago Centro, Área Comercial, entre os días 7 e 31 de maio. Ducias de establecementos do máis importante barrio comercial de Compostela participan nesta iniciativa. Nas datas de duración desta campaña de fidelización, apoiada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e o Concello de Santiago, os clientes recibirán unha cartilla que deberán ir selando ata completar a cantidade de 6 selos nos negocios adheridos á campaña. Cada un deles entregarase por 20 euros de compra (10 se se trata de establecementos de hostalería). Os seis selos deberán ser de tendas diferentes, e xuntalos dá dereito a obter un regalo sorpresa que se poderá recoller no Centro Sociocultural do Ensanche entre os días 1 e 2 de xuño, unha vez rematada a...

Read More

Unhas xornadas sobre alimentación e saúde abren a programación paralela a Compostela Art&Eco

O Mercado Compostela Art&Eco comeza a desvelar as actividades que discorrerán paralelas ás dúas feiras simultáneas, unha de artesanía e outra de alimento ecolóxico, que se celebrarán en Santiago entre os días 5 e 8 de maio, coincidindo coas Festas da Ascensión. Unhas xornadas de divulgación sobre alimentación e saúde, a celebrar no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche, abren a programación. As xornadas comezan mesmo antes que o Mercado. O mércores 4 de maio, ás 19.00, o doutor Carlos Torres falará de “Alimentación tóxica e alimentación saudable”‎; Torres é cirurxián e especialista en medicina xeral do Servizo Galego de Saúde. A continuación haerá unha charla sobre “Alimentación de primavera e depuración hepática”, a cargo da doutora María Villar, especializada en Medicina Natural pola Universidade de Santiago de Compostela. Xa o sábado, no mesmo escenario do Centro O Ensanche, celebrarase unha conferencia sobre a “Importancia dunha correcta flora intestinal”, a cargo de Pilar Calo, especialista en Farmacia e profesora da USC na facultade de Veterinaria do campus de Lugo. Despois falarase de “Nutrición e fertilidade” nun relatorio a cargo de Ana Romai, doutora e investigadora no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS). Na tarde do sábado levarase a cabo unha mesa redonda sobre “Produción, certificación e comercialización: un novo paradigma”, que reunirá a importantes axentes dentro do sector da alimentación ecolóxica en Galicia. Acudirán representantes do Consello Regulador...

Read More

Presentación do Mercado Compostela Art&Eco

A Fundación Santiago Centro, Área Comercial presentou onte o Mercado Compostela Art&Eco 2016, que organiza para os días 5 a 8 de maio en colaboración coa Asociación de Produtores Ecolóxicos de Galicia (APEGA) e A Cesta da Saúde. Na presentación estiveron presentes Xosé Manuel Durán, en representación destas dúas entidades; José María Fernández, presidente de Santiago Centro; e o seu secretario, Delmiro Prieto. A iniciativa busca dinamizar o comercio do Ensanche compostelán atraendo o numeroso público que acude durante eses días ás Festas da Ascensión. Compostela Art&Eco componse de dous mercados simultáneos, un de arte e artesanía situado na Carreira do Conde e outro de produto ecolóxico certificado, que se celebrará na Praza Roxa. A presentación logrou boa repercusión nos medios de comunicación. Entre as pezas que se poden consultar on line están esta noticia na Cadena Ser Galicia e a información elaborada por Correo TV para o seu...

Read More

ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE PARA PARTICIPAR NO MERCADO COMPOSTELA ART&ECO 2016

Xa está aberto o prazo para inscribirse no Mercado Compostela Art&Eco 2016, promovido pola Fundación Santiago Centro, Área Comercial. A cita consta de dúas feiras simultáneas pero en distinta localización: na Praza Roxa haberá un espazo dedicado aos produtos ecolóxicos, mentres que a Carreira do Conde acollerá a arte e a artesanía. Levaranse a cabo entre os días 5 e 8 de maio, durante as Festas da Ascensión compostelás. O mercado dedicado ao alimento ecolóxico, a Feira Ecolóxica Labrega Compostela ECO 2016, reunirá a produtores, establecementos especializados da comarca e máis empresas de envasado de toda Galicia nunha carpa na Praza Roxa, no corazón comercial do Ensanche. O evento organízase coa colaboración da Asociación de Productores Ecolóxicos de Galicia (APEGA) e A Cesta da Saúde, e o apoio do Concello de Santiago. A exposición e venda levará aparelladas accións como un ciclo de conferencias e actividades de lecer e formación para toda a familia. Os interesados en participar en Compostela ECO deberán formalizar a súa solicitude na web www.arteeco.es antes do 20 de abril, e poderán participar tanto na totalidade da feira como en quendas de dous días. No tocante á feira de arte e artesanía Compostela ART&ART, levarase a cabo na rúa peonil da Carreira do Conde, xunto á Alameda, na que se sitúan as principais atraccións das Festas da Ascensión. Nela reuniranse artesáns, artistas, creadores e tendas especializadas nun evento...

Read More
  • 1
  • 2