Comprácenos anunciar a celebración do primeiro Mercado Compostela Art&Eco de artesanía e alimento ecolóxico, promovido pola Fundación Santiago Centro Área Comercial. Celebrarase entre os días 5 e 8 de maio en Santiago, coincidindo coas Festas da Ascensión, que se atopan entre as máis concorridas de Galicia.

Compostela Art&Eco son, en realidade, dous mercados diferentes e simultáneos. Un céntrase na arte e na artesanía e instalarase na Carreira do Conde, nas inmediacións da Alameda compostelá; o outro é unha feira ecolóxica labrega de alimentación e levarase a cabo na Praza Roxa, na zona de maior actividade comercial da cidade.

A apertura da convocatoria para participar como expositor está prevista para o día 28 de marzo. Seguiremos informando a través desta e doutras canles.