Convocada pola Fundación Santiago Centro, Área Comercial, o centro comercial aberto do Ensanche de Santiago, Compostela ART&ART celebrarase na rúa Carreira do Conde de Santiago de Compostela os días 5 a 8 de maio de 2016 (ambos incluídos), ponte da Ascensión, datas que destacan pola grande participación dos composteláns e afluencia de turistas e residentes nos concellos limítrofes.

Nace con vocación de asentarse como unha feira estable na cidade de Santiago, capital de Galicia, centro dunha ampla área xeográfica de influencia e polo de atracción turística.

Compostela ART&ART consta de:

1. Exposición comercial (venda ao público) en postos modulares, con representación de artesáns; artistas e creadores; e máis tendas especializadas.

2. Alimentación Saudable: Espazo EcoGastro

– Acordos con establecementos hostaleiros do Ensanche, para a oferta, durante a Feira, de pratos e tapas saudables elaborados con produtos certificados polo CRAEGA.

3. Obradoiros e traballo en vivo

– Actividades para o público infantil e obradoiros de traballo en vivo

3. Programa de Actividades

– Desenvolvemento de actividades de lecer dirixidas ao público infantil.

– Actuacións musicais e/ou de lecer dirixidas a todos os públicos.

Compostela ART&ART 2016 celébrase de xeito simultáneo a Compostela ECO 2016 (Praza Roxa, a 5 minutos camiñando da Carreira do Conde).

A rúa Carreira do Conde sitúase a uns minutos camiñando da Alameda compostelá e do casco vello. Durante as festas da Ascensión, na Alameda concéntranse milleiros de persoas convocados polas atraccións que se instalan en Santa Susana, concertos e actividades organizadas dentro da programación das festas, así como un elevado número dos turistas que, nesas datas, visitan a capital galega.

Se o desexas, e tan só como orientación, consulta neste enlace o Programa das Festas da Ascensión 2015. Incluiremos o das Festas de 2016 en canto se faga público.

PARTICIPAR

Se estás interesado en participar no Mercado Compostela ART&ART 2016 podes consultar aquí as Bases de Participación.
Para participar debes cumprimentar a Solicitude de Participación neste enlace.

Onde se celebra Compostela Art&Art?