Convocada pola Fundación Santiago Centro, Área Comercial, o centro comercial aberto do Ensanche de Santiago, Compostela ECO 2016 celebrarase na Praza Roxa de Santiago de Compostela os días 5 a 8 de maio de 2016 (ambos incluídos), ponte da Ascensión, datas que destacan pola grande participación dos composteláns e residentes nos concellos limítrofes.

Nace co obxectivo de asentarse como unha Feira Ecolóxica Labrega estable na cidade de Santiago, capital de Galicia, centro dunha ampla área xeográfica de influencia e polo de atracción turística.

Compostela ECO 2016 consta de:

Exposición comercial (venda ao público) baixo carpa, de alimentación ecolóxica certificada no que estarán representados 3 sectores:

– Produtores de proximidade: produtos de horta (fresco).

– Establecementos de venda polo miúdo de Santiago e comarca

– Empresas de envasado.

Actividades de formación e debate:

– Ciclo de conferencias sobre Alimentación Saudable, que terá lugar nos días previos á celebración da Feira no Centro Sociocultural do Ensanche.

Alimentación Saudable: Espazo EcoGastro

– Acordos con establecementos hostaleiros do Ensanche, para a oferta, durante a Feira, de pratos e tapas saudables elaborados con produtos certificados.

– Preparación in situ de tapas elaboradas con produtos certificados.

Programa de Actividades

– Durante a Feira, desenvolvemento de actividades de lecer e formación, dirixidas ao público infantil, sobre temas vinculados coa agricultura, o medio ambiente e a alimentación saudable.

– Actuacións musicais e/ou de lecer dirixidas a todos os públicos.

Compostela ECO conta coa colaboración de A Cesta da Saúde e da Asociación de Produtores Ecolóxicos Galegos, APEGA.

Celébrase ao mesmo tempo que Compostela ART&ART (na Carreira do Conde), feira de arte e artesanía con exposición e venda de pezas e produtos feitos a man, ou manufacturados a pequena escala.

Se o desexas, e tan só como orientación, consulta neste enlace o Programa das Festas da Ascensión 2015. Incluiremos o das Festas de 2016 en canto se faga público.

PARTICIPAR

Se estás interesado en participar no Mercado Compostela ECO 2016 podes consultar aquí as Bases de Participación.
Para participar debes cumprimentar a Solicitude de Participación neste enlace.

Onde se celebra Compostela Eco?