CARTEL FIN

COMPOSTELA ART&ECO son dous mercados simultáneos que se celebran coincidindo coas Festas da Ascensión, que se atopan entre as de máis tradición de Galicia. Por unha banda, a Carreira do Conde, ao pé da Alameda, onde se celebran os festexos, acolle unha mostra de arte e artesanía; pola outra, na Praza Roxa, núcleo comercial do Ensanche compostelán, celébrase unha Feira Ecolóxica Labrega centrada nos alimentos de produción ecolóxica.

Os mercados, promovidos pola Fundación Santiago Centro Área Comercial en colaboración con A Cesta da Saúde e a Asociación de Produtores Ecolóxicos Galegos, APEGA, lévanse a cabo como fórmula para dinamizar as rúas e prazas do Ensanche, atraendo a veciños e visitantes nun momento no que as rúas de Compostela se enchen con motivo das celebracións.

COMPOSTELA ART&ECO é un evento con vocación de futuro, pensado para dinamizar a zona e mostrar as creacións artesás e os mellores produtos ecolóxicos de Galicia.